UNIFORM-Agri España organiza estes días por terceiro ano consecutivo as sesións exclusivas para usuarios dos programas de xestión de explotacións de vacún leiteiro UNIFORM-Repro, HerdMetrix de Boumatic e TIM de SAC, cuxo obxectivo é profundar en aspectos concretos dos programas, descubrir funcionalidades e trucos aos usuarios e promover o intercambio de experiencias entre eles.
Orientadas principalmente a usuarios de licenza para ganderías, celebráronse do 16 ao 16 de xaneiro na Coruña, Lugo e Asturias e atópanse agora en desenvolvemento ata finais de mes en Navarra e País Vasco. Ademais, está previsto que nos próximos meses se celebre unha edición online destas sesións para facelas accesibles a usuarios doutras rexións.