XORNADA TÉCNICA

Tecnificación nas explotacións leiteiras: o robot de muxidura

Tecnificación nas explotacións leiteiras: o robot de muxidura

O vindeiro 27 de novembro, a Aula Uned de Lalín acollerá a celebración dunha xornada técnica sobre tecnificación nas explotacións leiteiras centrada no robot de muxido.

A inscrición é obrigatoria e gratuíta. Deberá facerse mediante solicitude, que se pode descargar nesta web ou desde aquí, presentación electrónica preferiblemente, e posteriormente enviar á seguinte dirección de correo electrónico: oac.seca.lalin@xunta.gal.

Esta actividade foi aprobada no Plan de Transferencia Tecnolóxica para o agro galego 2019 e está cofinanciada polo Feader nun 75 %.