Suspendida a celebración de Feiradeza

O Concello de Lalín tomou a decisión de suspender a celebración de Feiradeza o próximo mes de xullo.

Ante a situación que se está vivindo en todo o país, provocada pola pandemia do coronavirus Covid-19, o concelleiro de Agricultura, Medio Ambiente, Feiras e Mocidade, Avelino Souto Rozados, confirmou que “cancelar este evento é o máis acertado nestes momentos, pois agora toca saír xuntos desta pandemia”.

“O obxectivo era claro: potenciar a cita para profesionalizar o agro e que quedase marcada no calendario como un gran evento. Este ano non puiden ver cumplido o soño que tanto rondou na miña cabeza, pero quedará pendente para o seguinte. Seguirei traballando en todo o que rodea á Feira, xa que é unha das grandes motivacións na miña labor como concelleiro”, subliñou Souto Rozados.