Africor Lugo organiza este sábado 7 de marzo no mercado gandeiro da localidade unha poxa de gando frisón. Poranse á venda un total de 20 animais entre vacas paridas e xovencas próximas ao parto.
Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Honesto e tres de Ninjo por cada animal adquirido na poxa.