Sorteamos dúas subscricións anuais á app de Eliter!

Este ano, en Vaca Pinta adiantámonos ao Nadal. Sorteamos, xunto con Innogando a través do programa Eliter, dous packs de agasallos. O primeiro deles está composto dunha chaqueta rotulada e unha subscrición anual á app de Eliter e o segundo consta tamén dunha subscrición dun ano á aplicación e inclúe un calostrímetro.

Queres participar? Todo o que tes que facer é encher debidamente esta enquisa para entrar no sorteo, a cal estará dispoñible ata o xoves 10 de decembro ás 18:59 horas.

Nos días seguintes realizaremos o sorteo (a asignación dos premios tamén se fará de maneira aleatoria) e daremos a coñecer o nome dos dous premiados a través da nosa páxina web. No caso de que nos 14 días posteriores á súa notificación non recibísemos resposta por parte dalgún dos gañadores, o premio será asignado automaticamente á persoa (ou persoas, no caso de que non se produza resposta por parte de ningún dos dous gañadores) que saíse como suplente no sorteo.