Servet Talavera prepara as súas xornadas técnicas para os días 21 e 22 de novembro

A novena edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Servet Talavera celebraranse os días 21 e 22 de novembro no el Complexo La Hacienda, en Talavera de la Reina (Toledo).

Luís Miguel Jiménez, da empresa organizadora, inaugurará o encontro o xoves 21 ás 10:30 h. Seguidamente, Olav Osteras, consultor de Tine SA, falará do control de enfermidades en países nórdicos e Sandra Godden, da Universidade de Minnesota, do manexo das camas para mellorar a saúde do ubre. Ese mesmo día pola tarde, Raúl Almeida, da Universidade de Tennessee, abordará o papel da vacinación para mastite e da mastite causada por streptococcus uberis; mentres que Sandra Godden explicará o uso de sistemas rápidos de cultivo como guía para o tratamento selectivo de mastites clínicas e secado.

O venres 22 pola mañá haberá catro relatorios. O primeiro, a cargo de Olav Osteras, versará sobre o papel da prevención e tratamento da mastite na produción leiteira sustentable; na segunda, Domenec Esteva, de Lallemand España e Portugal, describirá os obxectivos dos ensilados de calidade máis aló da súa conservación; Sandra Godden continuará cunha charla sobre a cría de xatas como o futuro do negocio e José María Romeu, de Atlantic FarmSolutions, finalizará as xornadas co relatorio “A pegada de carbono nas explotacións leiteiras; unha oportunidade para ser máis eficientes”.

Programa completo