Sergude pospón a súa xornada sobre maquinaria de precisión para o 22 de abril

Sergude pospón a súa xornada sobre maquinaria de precisión para o 22 de abril

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, situado no concello coruñés de Boqueixón, fixa finalmente para o 22 de abril a súa xornada sobre o manexo de maquinaria de precisión para a colleita e o ensilado da forraxe para o gando. A cita estaba prevista para levarse a cabo este mércores 15. 

Esta xornada técnica ten un carácter demostrativo e práctico sobre a utilidade de maquinaria de última xeración para a recolección da forraxe. Terá lugar dende ás 10:00 h ata as 19:00 h. 

O programa comezará cun estudo do estado vexetativo das plantas da parcela mediante un dron multiespectral con cámaras térmicas e de análise do cultivo. A continuación, procederase á sega e ao estendido da herba a través dun tractor con autoguiado GPS.

Máis tarde, hilerarase a herba con GPS e unha máquina con control de sección. Logo, porase en marcha a picadora, rotoempacadora e encintadora con cámara variable de alta densidade, para obter pacas de distintos tamaños, picado con 32 coitelas e adaptador de lonxitude de fibra.

encintado 3D permitirá conseguir unha distribución homoxénea do plástico, un selado perfecto para unha conservación óptima e o uso das capas de plástico necesarias en función da humidade da forraxe e do tempo previsto de almacenamento.

Despois, procederase ao apilado das bólas mediante unha telescópica con pinza hidráulica multifunción. Por último, procederase á aplicación localizada con dron de abono foliar ou sólido, segundo as necesidades previstas das distintas zonas da parcela.