CONCURSO FRISÓN DE MENORCA 2019

Torre Doorman Dorotea proclámase xovenca gran campiona

Torre Doorman Dorotea proclámase xovenca gran campiona

Torre Doorman Dorotea, da gandería Torre Den Quart (Ciutadella), impúxose entre as cerca de cen xatas e xovencas participantes no concurso de gando frisón que está tendo lugar esta fin de semana no municipio de Alaior, na illa balear de Menorca. A decisión foi tomada polo xuíz galego Santiago García Souto, que valorará esta tarde as seccións de vacas.