Rey 833 Beemer Zynal proclámase xovenca gran campiona da Moexmu

O xuíz do XXXIII Concurso de Gando Frisón desta edición da Moexmu, Santiago García Souto, acaba de proclamar gran campiona de xatas e xovencas a Rey 833 Beemer Zynal, unha xata propiedade da gandería Rey de Miñotelo, da Pastoriza. O certame, que está lugar no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito, Lugo), continúa agora coas sección de vacas en lactación.