Amplíase en Galicia o prazo para a solicitude única das axudas da PAC ata o 15 de maio

Amplíase en Galicia o prazo para a solicitude única das axudas da PAC ata o 15 de maio

A Consellería do Medio Rural ampliou ata o vindeiro 15 de maio o prazo para presentar a solicitude única das axudas da PAC, segundo recolle a orde publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG). A convocatoria, publicada o pasado 20 de febreiro, prevé beneficiar arredor de 23.000 agricultores e gandeiros galegos.

A campaña da PAC de 2026 suporá para o agro galego unha achega próxima aos 220 millóns de euros. Desde a Xunta sinalan que esta ampliación busca facilitar o labor das entidades tramitadoras encargadas de rexistrar as solicitudes.

A orde inclúe ademais un paquete de flexibilizacións para minimizar os efectos dos temporais do pasado outono, entre elas a redución da esixencia da carga gandeira no ecorréxime de pastoreo extensivo e medidas na BCAM 7 para permitir declarar como barbeito parcelas nas que non foi viable sementar ou sacar adiante o cultivo.