CONCURSO FRISÓN VALLE DE CARRIEDO

SAT Tezanillos arrasa no concurso de Valle de Carriedo

O pasado sábado 3 de agosto a Asociación Frisona de Cantabria (AFCA) celebrou na localidade de Villacarriedo unha nova edición do concurso de raza frisona Valle de Carriedo, no que participaron 23 ganderías e 122 animais.

O xuíz Conrado González Antón decantouse por Tezanillos Braxton Toscana, unha vaca de 5 anos de SAT Tezanillos (Tezanos), como vaca adulta campiona e gran campiona do certame.

A SAT Tezanillos logrou tamén os premios de vaca nova campiona, con Tezanillos Douglas Zapata; o de vaca intermedia campiona, con Tezanillos Envious Vega; o de xovenca campiona, con Tezanillos Emilio Lucca; o de xata campiona, con Tezanillos Beemer Albania, gran campiona de xovencas; e o premio ao mellor rabaño.

Información e fotos: AFCA