Sarria acollerá este sábado unha nova edición da poxa de gando frisón

Africor Lugo celebra este vindeiro sábado, 10 de maio, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao, Caixa Rural, o Concello de Sarria e a Cooperativa Aira, unha nova poxa no mercado gandeiro de Sarria a partir das 12:00 horas.

Podes consultar xa o catálogo completo dos animais que se porán á venda con todas as condicións sanitarias contrastadas.