San Miguel celebra esta fin de semana o VI Concurso Micaelense de Outono

A illa azoriana de San Miguel prepárase, un ano máis, para a celebración do Concurso Micaelense Holstein Frísia de Outono, que dará comezo hoxe pola tarde coa competición de xatas e xovencas. Mañá, tamén en horario de tarde, será a quenda das vacas de leite e xa o domingo enfrontaranse na pista os aspirantes a mellor manexador novo e adulto. O programa de eventos rematará ese día coa entregra de premios a todos os gañadores do concurso.

Como vén sendo habitual, o concurso desenvolverase no parque de exposicións de San Miguel, situado no recinto feiral de Santana.