Rioaveso, de Xenética Fontao, número 1 en Holanda e Polonia

Con once xeracións MB ou EX, Rioaveso conta cun pedigree orixinal dunha prestixiosa familia americana de vacas, entre elas Screaming-Vis-R Heaven EX-91 EX-SM DOM, quinta nai de Rioaveso (Rio x Bandares x Kingboy x Robust VG-87 x Planet VG-87 x Ramos EX-91 DOM x BW Marshall VG- 86 GMD DOM x Mtoto VG-85 GMD DOM USA x Rudolph VG-86).

Ademais de profundo pedigree, Rioaveso mostra un perfil xenómico con altas producións de leite e excelentes calidades de graxa e proteína, correcta morfoloxía e trazos de saúde sobresalientes, e é A2A2 en betacaseínas.

As cifras de Eurogenomics deste mes de abril elévano ata o posto número 1 de Holanda (NVI 375) e de Polonia (PF 149) e número 4 (GICO 5.145) nos resultados de marzo de Conafe.

Este touro de Xenética Fontao ten demanda dalgúns dos máis importantes programas xenéticos europeos.