Redeseñamos a sección de Vaca TV para facilitarlles as buscas aos usuarios

Redeseñamos a sección de Vaca TV para facilitarlles as buscas aos usuarios

Recentemente levamos a cabo un completo redeseño da sección de Vaca TV, dentro da nosa web www.vacapinta.com, co obxectivo de facerlles máis sinxela, intuitiva e atractiva a navegación aos usuarios. Na nova estructura, os vídeos agrúpanse por temáticas: explotacións, xornadas técnicas, concursos morfolóxicos, entrevistas, contidos empresariais e outros vídeos. Ademais, na parte superior atoparedes un slideonde van aparecendo os últimos vídeos publicados.

Dado que estes días á maioría nos toca quedar na casa para, entre todos, poñerlle fin ao estado de alarma sanitaria polo Covid-19, recordámosvos os numerosísimos contidos que temos dispoñibles na nosa canle de TV on-line:

  • Xornadas técnicas celebradas desde os inicios de 2018. Entre as máis recentes, temos a Xornada sobre Forraxes na Cornixa Cantábrica organizada por Delagro, a Xornada Boehringer sobre Ubropen, a xornada sobre a ferramenta para a formación Anicare, as Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Servet Talavera e as Xornadas Técnicas do Sector Lácteo de Mazaricos.
  • Concursos morfolóxicos celebrados desde os inicios de 2018. Entre os máis recentes están os celebrados en Trofa (Portugal), Azores (Portugal), o Nacional de España, o Nacional de Portugal e o que tivo lugar no Space (Francia).
  • Reportaxes de explotacións leiteiras: A Pradeira SC (A Coruña), Gandería Xuíz SC (Lugo), La Fageda (Girona), San Rián SC (A Coruña), GAEC du Champ Aubry (Francia), Son Vives (Menorca), Planillo Holstein (Navarra), Vencoba SC (León), José Antonio Braga Pereira (Azores, Portugal)…