Ramaderia Anibal, Can Thió de Baix e Can Barrina, no podio das 20 mellores ganderías de Cataluña

A Federación Frisona de Cataluña (Fefric) celebrou o pasado xoves o acto de entrega dos premios Vaca d’Or cos que leva recoñecendo durante os últimos vinte anos as ganderías catalás cos mellores índices xenéticos e de produción. Durante este tempo, foron evolucionando o sistema de cualificación e na actualidade realizan un ránking das mellores granxas segundo unha puntuación total que engloba catro índices: produción, xenética, morfoloxía e eficiencia vitalicia.

Tras a asemblea de Fefric, aproveitaron a ocasión para presentar o proxecto de dixitalización Unicat, a través do que se pretende acadar unha xestión moito máis eficiente das ganderías catalás.