Tras a súa elección hai menos dun mes, unha das primeiras tarefas do novo Consello Reitor de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) foi o nomeamento de Rafael Prieto Rodríguez como novo director xeral en substitución de José Luís Antuña Álvarez. Quen foi director xeneral de Feiraco desde 2005 e dirixiu CLUN desde a súa fundación en 2017 retírase agora por xubilación.
Desde a cooperativa destacan que Prieto, que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no Grupo Pescanova, conta con máis de 20 anos ocupando posicións de director xeral, director de área e xerente en empresas de alimentación, acuicultura e industriais. Cunha ampla experiencia en negocios internacionais, multisectoriais e de gran volume de facturación, Prieto é enxeñeiro industrial especializado en organización industrial e cursou o programa de Dirección Xeral do IESE e de Alta Dirección da Escola de Negocios Caixanova.