Quinta edición da Reunión de Outono da SGPF

Quinta edición da Reunión de Outono da SGPF

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) escolleu os días 9 e 10 de novembro para organizar en O Cádavo (Baleira) a súa Reunión de Outono, que leva por título “Retos e Oportunidades da Gandería de Montaña”.

Nesta ocasión, participarán relatores como  Quico Ónega (USC), Daniel López (ION), Josep Roquet (Alltech), Amaro López (gandeiro), José Manuel Fernández (gandeiro) e Ovidio Méndez (gandeiro e restaurador), ademais de membros da Sociedade como o seu presidente, Joan Alibés Biosca, e Eloi Villada. A maiores das sesións teóricas, a xornada contará tamén con visitas a gandarías de vacún de carne de montaña.

A asistencia á xornada é gratuíta. Aqueles interesados en ir tamén á comida do sábado teñen até o martes 6 de novembro para anotarse.

Ver programa completo