Publicados os beneficiarios da PAC

Publicados os beneficiarios da PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria publicou a listaxe dos beneficiarios dos fondos da PAC correspondentes ao exercicio de 2018.

A información publicada recolle para cada beneficiario a desagregación dos importes correspondentes a cada unha das medidas financiadas por fondos FEAGA e FEADER, o municipio no que reside ou está rexistrado, o nome e apelidos das persoas físicas, a razón social se se trata de persoas xurídicas con personalidade xurídica propia, ou o nome completo da asociación se é unha asociación sen personalidade xurídica propia. No entanto, establécense as seguintes excepcións:

  • No caso de beneficiarios que percibisen nun ano 1.250 euros ou menos, non figurará o seu nome e estarán identificados mediante un código.
  • Ademais, se estes residen nun municipio menor ou igual a 10 beneficiarios non se lles identificará polo municipio senón pola comarca.

Consulta os beneficiarios da PAC

Descarga os ficheiros de beneficiarios da PAC