Publicado estudo sobre o papel do pastoreo na loita contra o cambio climático

A Plataforma por la Ganadería Extensiva y el Pastoralismo e a Fundación Entretantos veñen de editaren conxunto un texto colectivo que cambia o discurso sobre o comportamento climático da gandería extensiva e afonda na súa función como ferramenta indispensable para combater o quecemento global. Neste proxecto participan unha vintena de persoas entre investigadores, funcionarios e gandeiros e nel colaborou, entre outras organizacións, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes en representación da comunidade autónoma galega.  

O caderno, titulado Gandería extensiva e cambio climático: un achegamento en profundidade recompila e organiza a información científica e técnica máis recente sobre comportamento dos gases de efecto invernadoiro nos sistemas gandeiros extensivos, as súas emisións, a súa relación cos ecosistemas pastoreados, a súa capacidade de adaptación e o seu potencial para mitigar os efectos do cambio climático.

O seu acceso é gratuíto e pode descargarse tanto en castelán como en inglés.


Ganadería extensiva y cambio climático: un acercamiento en profundidad

Extensive farming and climate change: an in-depth approach