A Asociación para o Control Leiteiro Africor Coruña presenta a súa Memoria de actividades, na que recolle o labor realizado pola Asociación en 2019. A pesar do reto que supuxo para o sector e para a sociedade a crise do coronavirus, que alterou o ritmo de traballo de todos, e por suposto do Control Leiteiro, desde a Asociación intentaron recuperar coa máxima celeridade a normalidade e proba diso é a presentación desta Memoria.
O libro recompila, entre outra moita información, os servizos que lles ofrecen aos seus asociados, as actividades levadas a cabo, os datos do control leiteiro e os méritos das principais ganderías no seu labor como criadores e produtores de leite da provincia.
Mellores ganderías por produción
- Mosquera Vaamonde SC (Ordes)
- As Travesas Agropecuaria SL (Carral)
- SAT As Regas Nº924 (Boqueixón)
Mellores ganderías por cualificación morfolóxica
- Finca La Asunción (Touro) 85,52 puntos
- Rial de Loureiros (Arzúa) 85,08 puntos
- Cesares Hosltein SC (Lousame) 84,58 puntos
Mellores ganderías por ICO
- San Rián SCG (Brión) 3.070
- Landeira SCG (Negreira) 3.050
- Casa Menor 1614 SL (Boimorto) 2.973