A Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe) acaba de facer públicos os resultados das avaliacións xenéticas realizadas en xuño. A clasificación dos mellores touros por ICO está encabezada por Alh Carmen Mixer (4.044), Darling Cartier ET (4.011) e Anderstrup Balisto Quixote ET (4.000).
Listaxe dos 100 mellores touros por ICO
NOVO ICO
Conafe presenta uns resultados cun novo ICO, no que se reestruturaron os pesos dos diferentes valores coa finalidade de adaptar o índice á realidade do mercado do sector leiteiro. Os cambios principais son que o valor da graxa pasa do 4 % ao 17 %, en detrimento dos quilos de leite, que baixa do 23 % ao 11 %, e a incorporación do índice de saúde podal ISP.
ÍNDICES DE MÉRITO ECONÓMICO
Ademais dos cambios na fórmula do ICO, publícanse por primeira vez catro índices de mérito económico:
IM€T Leite
Específico para a produción de leite líquido para consumo, baséase no mesmo escenario económico que o ICO coa entrada de carácteres como a velocidade de muxido, a facilidade de parto e o tamaño das vacas; a consideración de cada carácter polo seu peso económico, en lugar de agrupados, e a utilización dos euros como unidade do índice de rendibilidade por vaca e ano.
Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Leite
IM€T Queixo
Enfocado a ganderías que orientan a súa produción á elaboración de queixos cun sistema que prima máis os compoñentes: peso negativo dos quilos de leite, maior peso dos quilos de graxa e proteína e menos peso de ICU, IPP e lonxevidade que en ICO ou en IM€T Leite.
Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Queixo
IM€T Pasto
A diferenza dos anteriores, considérase que o potencial produtivo das vacas vese parcialmente limitado pola capacidade de inxestión de pasto. Ademais, o prezo base é lixeiramente superior e o custo de alimentación é inferior.
Listaxe dos 100 mellores touros por IM€T Pasto
IM€T Eco
Este índice define un obxectivo de selección para aquelas ganderías acollidas ao Regulamento sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, considerando as condicións produtivas que este regulamento impón e, tamén, uns prezos e primas diferenciadas.