Próxima Xornada de Saúde Podal e Benestar en Pamplona

Próxima Xornada de Saúde Podal e Benestar en Pamplona

O grupo ANKA, dedicado ao coidado dos pezuños, organiza con motivo do seu 30 aniversario unha xornada enfocada á saúde podal. O obxectivo do evento, que terá lugar o próximo 15 de novembro en Pamplona, é pór de manifesto a importancia da saúde podal como un dos indicadores máis importantes do benestar en gando vacún leiteiro.

A xornada contará con tres relatores: Adrián González, fundador e director técnico do grupo ANKA, que repasará como cambiou a podoloxía nestes últimos 30 anos, que prácticas seguen vixentes e cales son as novas tendencias en saúde podal; Sergio Calsamiglia, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, que se centrará en por que é importante a detección precoz da coxeira e nos métodos que disporemos nun futuro, e James Husband, director técnico de EBVC (Inglaterra), que explicará a importancia das coxeiras como indicador de benestar e como en Inglaterra as grandes superficies xa lles pagan aos produtores de leite en función dos niveis de coxeiras.

O evento é gratuíto, pero require inscrición previa.

Programa