Presentación do Lely Astronaut A5 en directo dende La Tejera (Cantabria)

Esta semana, os Seminarios Web con Vaca TV cambian a súa franxa de emisión: o mércores ás 18:00 horas ofreceremos en directo a presentación sobre o funcionamento do Astronaut A5 na gandería La Tejera (Villacarriedo, Cantabria).

Esta explotación ten 189 vacas en muxidura con tráfico libre, leva 21 días traballando con 3 unidades Lely Astronaut A5 e acaba de alcanzar os 3 muxidos diarios, cunha media de 40 quilos/vaca/día.

Coma sempre, a emisión poderá seguirse desde a sección de televisión da nosa web e desde a nosa páxina de Facebook e poderedes deixar as vosas preguntas nos comentarios do vídeo para que llas formulemos aos participantes ao rematar a presentación.