Pardas de nivel europeo en Zamora

Pardas de nivel europeo en Zamora

A gandería La Sielma, de Monfarracinos (Zamora), consegue un contrato coa Asociación Brown Suisse de Francia para incluír unha xovenca nun programa de mellora xenética da raza. Os bos índices xenéticos rexistrados polo animal, Herro Loustic M Gamma, foron o motivo da súa selección para a recolección esta semana de varios embrións.

O seu propietario, Jorge Hernández, destaca “o incremento de animais desta raza sobre todo nas comunidades de Asturias e Galicia e o bo traballo e interese que se está poñendo na actualidade desde a Asociación Nacional de Raza Parda para o desenvolvemento da mesma”