Este luns celebrouse en Irún (Guipúzcoa) o 20.º Concurso de Gando Frisón de Irún 2019, no que o xuíz catalán Pol Collell deu a palmada da vitoria á vaca da imaxe, Afrodita, unha filla de Meridian da gandería Ondazarte Gain, de Igeldo (Guipúzcoa).
A outra distinción máis importante do certame, a de gran campiona de xovenas, levouna Casa Nueva High Octane Bambi, da gandería Casa Nueva, de Karrantza.
Información e foto: Jon Gutiérrez