O Observatorio do sector lácteo de Galicia inicia unha nova etapa

O Observatorio do sector lácteo de Galicia inicia unha nova etapa

Este martes constituiuse o Observatorio do sector lácteo de Galicia baixo o seu novo decreto que actualizou a súa regulación. Trátase dun órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análises deste ámbito produtivo. 

A conselleria do Medio Rural, María José Gómez, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiron o encontro. 

O Observatorio funciona dende 2007, pero o tempo transcorrido dende entón e os cambios experimentados nestes anos na produción e na industria, aconsellaron adaptalo á realidade actual. 

A súa composición modificouse para acoller a todos os elos da cadea de valor do leite: produción, industria, distribución e consumo. 

Na orde do día deste reunión avaliouse a situación actual e as perspectivas de evolución futura do sector lácteo tanto en Galicia como no ámbito nacional e internacional. Ademais, avanzouse a proposta dun novo agrupamento de tramos de produción, para o que se creou un grupo de traballo específico.