O_Rubio King Doc Barni e Jbtoullec Mir Roxo P, grandes campionas da Moexmu 2026

O_Rubio King Doc Barni e Jbtoullec Mir Roxo P, grandes campionas da Moexmu 2026

O XL Concurso de Gando Frisón da Moexmu acaba de rematar co triunfo de Jbtoullec Mir Roxo P, de SAT A Vereda (Castro de Rei, Lugo). Pola súa parte, o título de vaca gran campiona no XXXIV Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga levouno o exemplar O_Rubio King Doc Barni, de Ganadería O Rubio (Santa Comba, A Coruña). Ambos animais foron elixidos polo xuíz do certame, Julián Rodríguez Pérez.

Mañá celebrarase o Concurso de Novos Manexadores, tamén no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito, Lugo), organizado polo Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia, ás 11:00 horas. Seguidamente, ás 12:30 horas, terá lugar a XXX Poxa de Gando Selecto.