VACA PINTA 13

Novo número de Vaca Pinta, xa on-line!

A hemeroteca da nosa web acaba de actualizarse con revista Vaca Pinta 13. Neste número, cuxo especial está centrado na recría, damos cobertura a diversos concursos morfológicos, como o nacional frisón (Xixón), o nacional da raza parda (Xixón), o Prim´Holstein Atlantique (Rennes, Francia), o nacional de Portugal (Póvoa de Varzim, Portugal) e o Usías Holsteins (Dos Torres, Córdoba), visitamos o Space Rennes e coñecemos La Fageda Fundació, unha granxa xerundense que fabrica os iogures máis vendidos no mercado catalán.

Ademais, entrevistamos a Antonio Larrea, director xeral de Naturleite, para coñecer o día a día desta nova industria láctea asentada en Galicia e o profesor Ángel Abuelo, da Universidade Estatal de Michigan, desvélanos as claves sobre inmunoloxía nutricional na recría e o manexo do calostro.

ESPECIAL: RECRÍA

O dossier de `Recría´ integra cinco artigos asinados, respectivamente, por Carlos Cabral (SVAExpleite) –sobre a importancia da calidade microbiolóxica do calostro–; Pere Ordis, Margarita Barredo e Iván Mato (Hipra) –acerca dos protocolos básicos de vacinación nas explotacións–; Carlos Carbonell, Carolina Tejero e Laura Elvira (MSD Animal Health) –sobre o enfoque integral da pneumonía en recría–; D. García-Dios, P. Díaz, S. Remesar, A. Prieto, J.M. Díaz-Cao, G. López, C. López-Novo, R. Panadero, G. Fernández, P. Morrondo, P. Díez-Baños y C.M. López (USC) –acerca da situación actual e as perspectivas de futuro da paranfistomose bovina en Galicia–, e C. López-Novo, P. Díaz, A. Prieto, G. López-Lorenzo, J.M. Díaz-Cao, S. Remesar, D. García-Dios, R. Panadero, C.M. López, P. Díez-Baños, G. Fernández e P. Morrondo (INVESAGA, USC) –sobre a diarrea neonatal en xatos de Galicia–.

SAÚDE ANIMAL

Este apartado contén un artigo no que Rita Casals, da Federación de Asociacións de Criadores de Raza Frisona de Cataluña (FEFRIC), presenta a situación actual do control leiteiro en Cataluña e aborda o proceso de detección de BHB en mostra individual de leite como un dato fundamental para previr a cetosis nos rabaños.

ALIMENTACIÓN

Na sección de `Alimentación´ publícase un artigo de varios autores, Ibán Vázquez González, Ana Isabel García Arias (USC), Elena García Suárez, Ana Villar Bonet, Francisca Ruíz Escudero (CIFA), no que se mostran os resultados dun estudo realizado con base nunha mostra representativa de explotacións leiteiras cántabras co obxectivo de caracterizalas desde o punto de vista produtivo e de manexo do territorio segundo o sistema de alimentación. Por último, pecha a revista o artigo titulado `Pegada de carbono nas explotacións leiteiras Asturias´, asinado por Gregorio Salcedo (CIFP La Granja), José Daniel Jiménez-Calderón, Adela Martínez-Fernández, Silvia Baizán e Fernando Vicente, do Serida.

Vaca Pinta 13 tamén recolle unha especial corbertura do Congreso da Asociación Española de Economía Agraria e un artigo novo na sección de `Saúde podal´.