Nova xornada no CIAM sobre fertilización nos cultivos forraxeiros ecolóxicos

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo acollerá este xoves 19 de novembro a xornada A fertilización nos cultivos forraxeiros ecolóxicos.

A xornada, dirixida a gandeiros ecolóxicos de vacún de carne e leite ou interesados en iniciar ou pasarse á produción ecolóxica, así como a técnicos e empresas de asesoramento en ecolóxico, ten como principais obxectivos coñecer os fertilizantes, técnicas de aplicación e manexos que poden utilizarse en ecolóxico para subministrar os nutrientes que necesitan os cultivos forraxeiros; mellorar a fertilidade dos solos en ecolóxico e mellorar a produtividade dos cultivos forraxeiros ecolóxicos para incrementar a rendibilidade e a competitividade  da produción de carne  e de leite de vacún en ecolóxico.

Por limitacións de capacidade debidas á covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o día online vía webex, para o cal deberase indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.

As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ferecol@ciam.gal. Aqueles participantes que elixan a modalidade online recibirán un correo electrónico co enlace para seguir o día. Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 18 de novembro. 

Programa completo