Nova xornada de formación este mércores en EFA Fonteboa

O centro de formación EFA Fonteboa celebra este próximo mércores 18 de decembro unha xornada titulada `Escenarios para a produción de leite en Galicia´.

Participarán José Manuel Rodríguez, de AgroBank; Samuel Epstein, de Bilav Global Trade; Mauricio de los Santos, de Xenética Fontao; Francisco Rivas, de Nestlé España, e Alicia Hernansanz, de Cilae.

O encontro rematará cunha mesa redonda moderada por Xoan Ramón Alvite na que estarán Ángel Miranda, de Clun; Miguel Montero, de Finca La Asunción, e Juan José Freire, da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Programa completo