Nova edición das xornadas sobre Bovinicultura da UTAD

Nova edición das xornadas sobre Bovinicultura da UTAD

A Asociación de Internacional de Estudantes de Agricultura da Universidade de Tras-os-Montes (UTAD) organiza a próxima semana, os días 16 e 17 de marzo, a sétima edición das súas Xornadas Internacionais de Bovinicultura.

Entre os temas deste ano, abordaranse a importancia da alimentación en xatas e xovencas, a transferencia embrionaria, a nutrición e o muxido de precisión, a evolución da calidade do leite de vaca cru en Portugal e as medidas máis axeitadas para que unha explotación sexa rendible.

Consulta aquí o programa completo