Este sábado 14 de marzo Chantada acollerá unha nova edición da súa poxa de gando frisón, organizada polo Concello de Chantada coa colaboración de Africor Lugo e da Cooperativa Aira. Poñeranse á venda 14 animais e a poxa comezará ás 12:00 h no mercado gandeiro da localidade.
Desde Africor Lugo destacan as seguintes vantaxes:
Para os vendedores:
- Poxas publicitadas
- O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa; Africor encárgase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
- Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
- Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
- Concentración de compradores
- Publicidade para a gandería
Para os compradores:
- Concentración da oferta
- Garantías sanitarias
- Animais procedentes de explotacións cercanas
- Información xenealóxica completa
- Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
- 200 euros de axuda de Caixa Rural
- Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao