A Federación Frisona Galega publicou esta semana as listaxes das mellores vacas e ganderías de Galicia e o ránking de vacas con mellores producións vitalicias é liderado por Novoa Gerard Rocío, da gandería lucense Novoa SC, de Taboada.
Con un total de 219.830 quilpos producidos ao longo das súas oito lactacións converteuse nun fito, xa que pode ser unha das maiores producións vitalicias de toda España e incluso de Europa. Produción que non só se reflicte en quilos producidos senón tamén en boas calidades.
E cales son as claves para conseguir isto? Diego Novoa, o seu propietario, demostra telo claro, xa que non só o logrou con Rocío. Nesta listaxe conta cun total de oito vacas con producións vitalicias superiores aos 100.000 quilos producidos. Precisamente para a mellora xenética dos seus animais confía nas campañas de Africor Lugo.
Estas distincións de Fefriga perseguen este mesmo fin: promover o sector e render homenaxe ao esforzo, á dedicación e á profesionalidade dos gandeiros galegos.