Nanta celebrará o xoves 28 de marzo o seu I Simposio Recría Con Prima

O evento poderá ser seguido en directo dende www.facebook.com/RecriaNantaPrima
Nanta celebrará o xoves 28 de marzo o seu I Simposio Recría Con Prima

Este xoves 28 marzo a compañía de pensos Nanta organiza en Santiago de Compostela o I Simposio Recría Con Prima. Trátase dun evento ao que asistirán presencialmente preto dun centenar de persoas entre veterinarios especializados en vacas de leite e clientes pioneiros do seu Programa Prima de recría de xatas. Ademais, co obxectivo de que as charlas poidan ser accesibles para calquera outro interesado, retransmitirán en directo dende a páxina de Facebook Recría Con Prima todas as intervencións do día.

OS RELATORES

A xornada, que está previsto de comezo ás 11.00 horas, contará coa intervención de cinco relatores de renome chegados de Estados Unidos, Países Baixos, Alemaña e España. Distintos aspectos do benestar na recría serán abordados polo doutor Leonel Leal (Nutreco), o doutor Fernando Soberon (Nutreco USA), a doutora Emily Miller-Cushon (Universidade de Florida), o doutor Christian Koch (Hofgut Neumühle) e o veterinario Nacho Peón (Zoetis).

 

Poderedes coñecer todas as novidades do simposio dende a súa páxina de Facebook Recría Con Prima.