Moexmu recoñece aos presidentes e xerentes de Africor Lugo polo seu labor a prol do sector agrogandeiro

No marco das celebracións polo 40-º aniversario da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), este mediodía tivo lugar nas oficinas do Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta un acto de recoñecemento aos cinco presidentes e dous xerentes de Africor Lugo, en agradecemento polo seu labor dende a creación da asociación en 1992. O comité organizador da feira destacou a súa colaboración continuada na organización do Concurso de Gando Frisón e da Poxa de Gando Selecto, actividades clave da Moexmu, que se consolidou como un dos eventos de referencia no sector agrogandeiro en Galicia.

Concretamente foron homenaxeados os presidentes Antonio Fernández Fernández (1992-1996), José Aquilino Rodríguez López (1996-2004), José Manuel López Tellado (2004-2012), José Carlos Vega Rodríguez (2012-2020) e Manuel Sandamil Cabana (desde 2020), así como os xerentes Ramiro Fouz Dopacio (1996-2020) e Fernando Rodríguez Gandoy (desde 2020).

O pasado martes, 22 de outubro, celebrouse un acto similar nas oficinas da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Frisón (Acruga), en Lugo, en recoñecemento á súa colaboración na organización da Exposición de Raza Rubia Galega.

A 41.ª edición da Moexmu terá lugar os días 4, 5 e 6 de abril do próximo ano no recinto feiral de Muimenta (Cospeito, Lugo).