A 42.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) terá lugar o 10, 11 e 12 de abril de 2026. A comisión organizadora modifica as súas datas habituais de celebración, xa que a primeira fin de semana de mes coincide coa Semana Santa.
A entidade leva dende xuño preparando o novo evento, no que o Concurso de Gando Frisón alcanzará a súa 40.ª edición. Ademais, tamén organizarán a 40.ª Exposición de Gando Selecto de Raza Rubia Galega e a 30.ª Poxa de Gando Selecto.
A imaxe de portada corresponde aos inicios do concurso e da exposición de animais, en 1987. Os veciños elaboraban eles mesmos os stands de xestas.