A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca, e Obra Social “la Caixa” puxeron fin esta mañá ao seu programa “Almorz@ con beizos brancos” no colexio lucense Illa Verde, onde repartiron almorzos saudables a máis de 20 alumnos de cuarto de primaria.
Durante este curso escolar visitaron 20 centros galegos e foron un total de 959 estudantes os que participaron no proxecto, que leva en marcha dende 2015.