Un total de 164 exemplares de vacún frisón de alta calidade xenética procedentes de distintos puntos de España e Portugal están inscritos nos concursos morfolóxicos da III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, que se celebrará do 21 ao 23 de febreiro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).
O XXVIII Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga 2019, ao que concorrerán os exemplares máis destacados en Galicia, rexistra 84 reses. Delas 31 proceden da provincia de Lugo, 24 da Coruña e 29 de Pontevedra.
Pola súa parte, o XXXV Open Internacional da Raza Frisona GandAgro 2019 converterase, unha vez máis, en punto de encontro da mellor selección bovina. Conta coa inscrición, ademais dos 84 exemplares galegos, doutros 37 de Cantabria, 10 de Asturias, 14 de Cataluña e 19 de Portugal.
Na inscrición deste ano destaca a presenza de animais asturianos, que non participaban desde o ano 2015, e cataláns, que no estaban presentes desde 2012.
En vídeo: Ricardo Durán (director de Abanca Cimag-GandAgro), José Carlos Vega (presidente de Fefriga) e Xosé Rodríguez (secretario de Africor Pontevedra) avanzan os detalles da feira.