Máis de 12.900 profesionais participan no II Congreso Virtual de MSD Animal Health

Máis de 12.900 profesionais participan no II Congreso Virtual de MSD Animal Health

O II Congreso Virtual de MSD Animal Health, Innovando en prevención, reúne esta semana a máis de 12.900 profesionais relacionados coa sanidade animal.

O congreso pódese seguir en directo ou en diferido, xa que se pode acceder ás sesións de maneira gratuíta a calquera hora do día. Cunha estética adaptada ao medio dixital, o congreso tamén permite pasear virtualmente polos stands, interactuar cos compañeiros do sector e divertirse a través de actividades de carácter didáctico.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón.