O Consello de Xenética Fontao reuniuse para analizar as súas perspectivas de futuro

O Consello de Xenética Fontao reuniuse para analizar as súas perspectivas de futuro

A conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, presidiu este xoves a reunión do Consello de Administración de Xenética Fontao. Estivo acompañada pola secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Flores, e polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.

Segundo trasladaron desde o Departamento autonómico, no encontro avaliouse a situación e as perspectivas de futuro desta empresa pública adscrita ao Medio Rural e encargada da xestión do Centro de Escolma e Reprodución Animal de Galicia.