Esta próxima fin de semana celebrarase no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, Cospeito, a XXXV edición da Moexmu.
O venres 5 de abril darase comezo á feira cun pregón que correrá a cargo do xornalista Manuel Cruz. Comezará ás 19:20 h da tarde no propio recinto feiral.
O sábado terá lugar unha poxa de gando frisón, a partir das 12:00 h do mediodía, e xa a partir das 15:30 h sairán a pista os animais que participan no XXXIII Concurso de Gando Frisón.
O domingo concluirá o programa de actividades durante a mañá cun certame de novos manexadores e a entrega de premios.