Máis de 800 persoas asistiron hoxe á inauguración das instalacións de Manto Maquinaria, novo concesionario oficial de New Holland para Lugo, Pontevedra (comarca do Deza), Asturias e Cantabria.
O acto inaugural foi presidido polo conselleiro delegado de Manto Maquinaria, Manuel Durán, que estivo acompañado por dous directivos da marca internacional, Riccardo Angelini, director xeral de New Holland en España, e Alessandro Maritano, vicepresidente de New Holland para Europa, África e Oriente Medio, e diversas autoridades locais e provinciais.
Manuel Durán destacou o importante papel de todo o seu equipo na posta en marcha deste novo proxecto, agradeceu a New Holland pola confianza depositada na súa empresa e resaltou que “con Manto Maquinaria, poñemos o noso coñecemento do sector da maquinaria agrícola ao servizo dos profesionais, tentando dar resposta ás súas necesidades dunha maneira seria, eficiente, rápida e próxima”.
Máis datos no seu comunicado