Mañá, webinario sobre BHB e control leiteiro en directo en Vaca TV

Este xoves ás 13:00 horas Vaca TV ofrecerá unha charla en directo co veterinario Juan Cainzos desde a gandería Castedo (Lugo) na que se falará da interpretación dos reportes laboratoriais de control leiteiro en relación coa cetose.

Ao finalizar a súa exposición, haberá unha rolda de preguntas na que os espectadores poderán formular as súas cuestións ao relator deixando os seus comentarios no vídeo.

A emisión comezará ás 13:00 horas e poderá seguirse desde vacapinta.com e desde a nosa páxina de Facebook.