Mañá dá comezo a Space Rennes 2019

Dende mañana e ata o venres 13 de setembro o Salon International des Productions Animales (Space) de Rennes (Francia) abre as súas portas preparada para recibir aos miles de visitantes que se espera que acudan ao recinto durante o catro días de exposición. Trátase da trixésimo terceira edición deste evento que, nesta ocasión, conta con máis de 1400 expositores, un terzo deles internacionais. Un ano máis, varios membros do noso equipo trasladáronse ata terras bretoas para cubrir varios dos eventos previstos e dar cobertura ao concurso Prim’Holstein Atlantique 2019, que terá lugar este xoves no ring central.

Sobre estas liñas, deixámosvos de novo o vídeo resumo da feira do ano pasado.