Mañá comeza a Semana Gandeira de Mazaricos

Mañá comeza a Semana Gandeira de Mazaricos

Desde este martes e ata o próximo domingo o municipio coruñés de Mazaricos acolle no Recinto Feiral da Picota a duodécima edición da súa Semana Gandeira.

Organizada por Africor Coruña en colaboración coa asociación EuSonMazaricos, conta son dous pratos fortes no seu programa. Por unha banda, as xornadas técnicas, que terán lugar o sábado desde as 10.30 horas e na que nesta ocasión se falará de temas como as instalacións das explotacións, o control das racións no carro unifeed e o procesado do millo nas granxas. Doutra banda, o domingo pola mañá celebrarase unha nova edición da tradicional poxa de xovencas.

En paralelo a estes eventos, durante toda a semana terán lugar distintos talleres e concursos, así como outras actividades pensadas para os máis pequenos.

Ver programa completo