Lugo retoma o curso sobre xestión técnico-económica das explotacións o vindeiro 16 de outubro

O vindeiro 16 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, terá lugar en Lugo, no edificio administrativo da Xunta de Galicia na cidade, unha acción formativa sobre novas estratexias de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking,que estaba prevista para o 18 de setembro. O curso está dirixido a gandeiros que queiran mellorar a organización laboral da súa empresa e consistirá nunha sesión dinámica en grupo mediante a resolución de casos prácticos.

Para inscribirse débese enviar un e-mail ao enderezo electrónico lideresenbienestar@gmail.com, posto que as prazas son limitadas (10 persoas).

Máis información