Agronovo Ecoloxía organiza, en colaboración co Craega e con Caixa Rural Galega, a xornada Mellora da Produción do Leite Ecolóxico en Galicia, que terá lugar o vindeiro venres 22 de febreiro no recinto feiral de Lugo.
Está destinada a gandeiros de vacún certificados ou en proceso de certificación e terá como obxectivo abordar aspectos prioritarios sobre novos cambios normativos cara ao 2021, como producir alimentos sostibles a través da xestión sanitaria do gando e as vantaxes dunha agrupación de produtores de leite ecolóxico.
Os relatores da xornada serán Manuel Cancio, director técnico do Craega; Isabel Blanco, da Universidade Sueca de Ciencias Agrarias, e Xisela Fernández e Javier Villanueva, técnicos de Agronovo.