Lugo acolle unha xornada sobre as posibilidades da transformación de produtos lácteos

Lugo acolle unha xornada sobre as posibilidades da transformación de produtos lácteos

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza, coa colaboración de Agromuralla e a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC,  unha xornada técnica titulada As posibilidades da transformación de produtos lácteos, que terá lugar durante os días 5 e 7 de novembro.

Na primeira xornada, que se celebrará na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias de Lugo, abordarase a situación das industrias lácteas e do mercado dos produtos lácteos. O día 7 de novembro farase unha viaxe a Zamora para visitar a cooperativa Gaza.

Toda aquela persoa interesada debe presentar a súa solicitude de inscrición na OAC de Lugo antes das 14:00 h do día 5 de novembro.

Programa completo