Lobeira Haniko Rosbel, gran campiona de xatas e xovencas no Nacional de Portugal 2025

Lobeira Haniko Rosbel, gran campiona de xatas e xovencas no Nacional de Portugal 2025

O xuiz Giuseppe Beltramino acaba de outorgarlle o título de xovenca gran campiona a Lobeira Haniko Rosbel, de Virginia Maria Silva Ferreira Martins (Barcelos), no marco do 42.º Concurso Nacional da Raza Holstein Frisia de Portugal. 

En primeiro lugar, o exemplar foi denominado o mellor da súa sección, xatas de 10 a 12 meses de idade. Posteriormente, antes da gran final, foi designada xata gran campiona. Ademais, a súa gandería levou o premio a mellor criadora.

O espazo Agros de Póvoa de Varzim acollerá este domingo o certame de vacas a partir das 13:30 hora local (unha hora máis en España). As distintas seccións poderanse seguir en director na nosa web.